Difusión das Xornadas

Podes colaborar na difusión deste curso de varias maneiras:
  • Distribuíndo copias dos seguintes elementos:
    flyer xcarfos'09flyer xcarfos'09
  • Engadindo unha nota de prensa ao teu sitio web ou enviando un correo electrónico aos teus compañeiros. Podes empregar o seguinte corpo para describir rápidamente o curso:
    II Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source 09 (http://www.dec.usc.es/xcarfos/)
    Curso da "UNIVERSIDADE DE VERÁN 2009" da Universidade de Santiago de Compostela (http://www.usc.es/cultura/uveran09.htm)

    • Datas: 14, 15, 16 e 17 de xullo de 2009
    • Prazo de matrícula: aberto ata o próximo 3 de xullo de 2009
    • Número de prazas: 50 prazas, por orde de inscripción

    Os sistemas de control automático e os sistemas autónomos permiten automatizar unha gran cantidade de procesos industriais e domóticos. Aínda que no mercado existen múltiples alternativas, propoñemos unha introdución ás solucións baseadas en deseños libres que, ademais de ser completamente funcionais, facilitan a súa introdución nas PEMES e no ensino.
    O obxectivo principal destas xornadas é dotar ó alumno cun coñecemento básico no control automático e nos rudimentos básicos da robótica con microcontroladores, empregando en todo momento licenzas libres. No curso presentarase de forma práctica tanto o uso de hardware libre Arduino, como as ferramentas de programación necesarias e dispoñibles en GNU/Linux. Haberá tamén conferencias sobre robótica e obradoiros nos que se programará un minirobot móbil autónomo. As xornadas consistirán nun 33% de exposición teórica, nun 25% de exposición interactiva e nun 42% de prácticas sobre hardware. Para o maior aproveitamento deste curso, o único prerequisito son coñecementos básicos dunha linguaxe de programación estruturada.
    Grazas ó apoio da Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, estás xornadas serán recoñecidas como Curso de Verán da USC. Os/as asistentes terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia. Para os/as estudantes da USC, este curso será recoñecible como 2 créditos de libre configuración.

    Material Promocional:
    • Cartel: http://www.dec.usc.es/xcarfos/material/p_cartel_xcarfos09.png
    • Flyer: http://www.dec.usc.es/xcarfos/material/p_flyer_xcarfos09.png
    • Banner: http://www.dec.usc.es/xcarfos/material/banner_xcarfos09.png
    Máis información sobre difusión en: http://www.dec.usc.es/xcarfos/difusion
  • Insertando o seguinte banner onde queiras na túa páxina web:

    Pedimosche que nin modifiques nin ocultes información e que non deformes a imaxe (aspecto 3:1). Se queres un formato máis alongado ou ancho, consúltanos.

    Lémbrate de enlazalo coa páxina web do curso: http://www.dec.usc.es/xcarfos/, así quen estea interesado poderá consultar máis información sobre este evento.

Agradecemosche de antemán a túa colaboración.