É un pracer convidarte a participar nesta segunda edición das Xornadas de Control Automático e Robótico con Ferramentas Open Source.
Esta segunda edición constrúese sobre o éxito que tivo o Obradoiro de Robótica organizado na XGN 2008; as primeiras Xornadas de Control Automático e Ferramentas Open Source organizadas durante o verán do 2007; e no recente éxito do Obradorio de Robótica organizado na última édición da XGN'09.
A esta segunda edición queremos darlle un carácter máis oficial, e é por iso que decidimos organizala como un curso de verán, grazas ao apoio da Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela. As xornadas consistirán en un 33% de exposición teórica, un 25% de exposición interactiva e un 42% de prácticas sobre hardware.
Ler máis ...






